22/4/20

O PRECIO DO GRATUITO

Antes de comezar déixovos a continuación o documental A revolución virtual: 'O prezo do gratuíto'.



A web parece estar desafiando todo o sentido económico que coñecemos. Se o aceso á maioría dos sitios web é gratuíto, que conseguen a cambio tódalas empresas que gastan fortunas nos seus sitios web? Neste novo negocio da información a moeda de cambio, non é tanto o diñeiro físico como os datos e características do usuario potencial do entorno web. Así vemos como nosa privacidade dilúese, se trafica con ela, en favor dos intereses económicos das grandes empresas virtuais. Neste episodio aproximarémonos ao afán dos anunciantes por descubrir o que tecleamos en Google e o que estarían dispostos a pagar por influír no resultado do que vemos cando pulsamos 'Buscar'. Con todo, Google está dirixíndose cara o desenvolvemento de redes sociais como Facebook que requiren de claves de acceso. Converterase estas redes invisibles nunha web paralela?

Nun primeiro lugar, ao mín interésame ben pouco que un informático ou un empresario da outra punta do mundo coñeza os meus gustos ou os meus intereses, ou saiba que é o que busco en internet, co fin de ofrecerme e achegarme o seu produto. Pero si esa información cae en mans de alguén con outros intereses distintos, como podería ser utilizada esa información? Como apunta no vídeo, Dana Boyd, unha socióloga da universidade de Harvard:
`Houbo épocas na historia na que recollemos moitos datos ata sen pensar como poderían ser usados nun futuro, ás veces con boas intencións. Un bo exemplo diso témolo a principios de 1900 nos Países Baixos, onde se empezaron á acumular datos sobre os cidadáns coas mellores intencións. Parte dos datos recolleitos eran sobre a relixión da xente, coa idea de sepultalos adecuadamente á súa morte. Non se podía prever en 1939 cando os nazis invadiron os Países Baixos, que eses datos utilizaríanse como se fixo.´
Sen dúbida, os datos recolleitos hoxe, poden ter mañá consecuencias imprevisibles.


Exposición dos seguintes temas:

- Como funciona o modelo de negocio gratuíto de Google ou Facebook?

Webs como estás recollen os datos de cada usuarios e fai un perfil da persoa en cuestión. Así, desta forma, saben que anuncios poñerlle.
Desta forma as empresas anunciantes asegúranse de que o seu anuncio non será en balde xa que irá dirixido a un potencial cliente.


- É a xente consciente de como gañan tantos cartos empresas como Google ou Facebook?

Non. A gran maioría cree que todo o que gañan é pola publicidade que meten nas súas webs.
Preguntei a familiares e o 70% deles pensa desta maneira.

- Debería a xente xestionar os seus datos de xeito similar a como xestionan os cartos? 

É un tema bastante delicado. Aínda que hoxe en día a xente está máis concienciada dos perigos de internet, unha gran parte deles descoñece os riscos que non son tan coñecidos. Isto último é algo que ás empresas non lles convén.


No hay comentarios:

Publicar un comentario