22/4/20

O PRECIO DO GRATUITO

Antes de comezar déixovos a continuación o documental A revolución virtual: 'O prezo do gratuíto'.


5/3/20

Twitter

O twitter é unha red social bastante popular entre a rapazada. É unha app coñecida pola facilidade de expresar ideas e debater sobre elas. Fai uns días caín na tentación e abrinme unha conta.
Co corto período de tempo que levo metida no mundillo do twitter só podo comentar un par de cousas. O seu manexo non é que sexa complexo, pero tárdase en comprender moi ben o funcionamento da app. Con todo, é unha app moi boa para seguir contas que falen dos temas preferidos ou dos que simplemente teñas curiosidade, ou che interesen.
A continuación vouvos deixar o último post de contas que sigo tanto como para informarme, como para o ver no meu rato de ocio.

29/1/20

FOTOGRAFÍAS

FOTOS:
Seleccionei un par de fotografías para comentarvos sobre as regras de composición fotográfica que seguen.
  •  LIÑAS CONVERXENTES: 
 Estas liñas fan que a atención diríxase a un punto situado normalmente no centro. Neste exemplo as liñas dirixen a atención a persoa situada no centro delas.
 

  •  O FLUXO DA FOTOGRAFÍA E O XOGO DA DIRECCIÓN:
Nesta fotografía pódese observar a liña que seguen as cabezas dos pingüíns e como estes están cara a dereita deixando un espazo para indicar unha dirección e movemento cara ese lado.

 
  •  CORES:
As cores quentes indican avance e son temperamentais. Mentres que as cores frías indican retroceso e tranquilidade. Aquí nesta foto pódese ver unha mistura delas, así combinándoas.