ALERTA SPOILER
The Blair Witch Project é unha longametraxe independente de terror psicolóxico estadounidense de 1999, escrita e dirixida por Daniel Myrick e Eduardo Sánchez. A longametraxe foi producida por Haxan Films. Esta foi integrada de gravacións "amateur" e relata a historia de tres mozos cineastas (Heather Donahue, Joshua Leonard, y Michael C. Williams) que desapareceron mentres camiñaban nas Colina Negras cerca a Burkittsville, Maryland en 1994 para filmar un documental sobre unha lenda local coñecida como «A bruxa de Blair». A película afirma que os tres mozos non foron vistos nunca máis, e un ano máis tarde todo o seu equipo foi descuberto. Este «metraxe recuperado» foi presentado como a película que os espectadores están vendo. O filme foi recibido positivamente polos críticos e obtivo 248 millóns de dólares a nivel mundial, converténdose na película máis triunfadora de tódolos tempos, tomando en conta a relación inversión/taquilla. Cada dólar invertidos produciu dez mil dólares aproximadamente, fenómeno único na historia do cine.
- Opinión persoal:
O misterio da bruxa non me parece moi orixinal, pero ao facelo ver da forma que fixeron ("amateur"), axudoulles agregar máis creatividade e, sen dúbida, máis intriga.
O feito de que bruxa non apareza fai un final moi acertado. Ao non aparecer, deixa aberto un mundo de posibilidades para explicar o sucedido. O máis fácil e obvio de pensar é que foi a bruxa, pero é máis entretido e divertido xogar coas teorías posibles. A máis interesante e acertada, ao meu parecer, é a de que foron asasinados polo mismísimo Josh, quen momentos antes da película desaparecera. Esta entre outras, son teoría feitas por fans da película ou fans de crear teorías ou resolver enigmas.
- Comentario final:
Grazas a este tipo de bulos a película fíxose famosa e, inclusive, só pola curiosidade houbo xente que foi vela.
Utilizar estes medios para un fin propio non me parece moi correcto, pero tampouco dicir que é un delito ou algo desprezábel.
Para estar seguros da fiabilidade de artigos ou noticias falsos hai que asegurarse da fonte e contrastar a información con outras fontes. Neste caso, deberíamos ir a unha páxina oficial onde se fale desta película e ler se é unha película ficticia ou un documental real. O seguinte sería buscar noutras páxinas oficiais e contrastar a información, para ver se concordan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario